Subscribe to our newsletter:

Faiponting

Free
iPhone / iPad
Genres:
  • Lifestyle
  • Entertainment
I want this app
Download from AppStore

FaiPonting recolle todos os eventos de cultura, lecer e deporte que se levan a cabo en Pontevedra. Toda a información de interese nunha soa plataforma e a un só click, para que esteas onde esteas desfrutes de todo o que che ofrece a túa cidade.

Faiponting poncho fácil, elixe o plan que máis vai contigo: con nenos, gratis, este finde,... decátate de todos os eventos culturais, ciclos, festas, concertos, cursos ...Agora tes toda a información no teu peto así que non o dubides e desfruta.

Visita os lugares máis interesantes (monumentos, espazos culturais,...) e descobre os recunchos con máis encanto que se esconden entre as rúas e a natureza da zona. Se che gusta camiñar ou facer deporte ao aire libre FaiPonting proponche variedade de rutas con toda a información para axudarche a planificar o teu adestramento. Ademais coas rutas culturais poderás descubrir a historia que impregna as rúas da cidade.

Toda a información está xeolocalizada nun mapa intelixente para que non perdas nin un minuto en atopar o que buscas e poidas planificar o teu tempo de lecer con maior exactitude.
Ademais poderás crear o teu propio plan personalizado de forma moi sinxela e rápida. Engade eventos e espazos á túa propia axenda e FaiPonting avisarache para que non te esquezas de nada.

Non o dubides, descárgaa xa!